lunes, 22 de febrero de 2016

Beatriz Campos acompañaramos nas xornadas do 5 e 6 de marzo para involucrarnos do mundo do contacontos. Estamos seguras que será todo un éxito de participación e actividade e que fará as delicias de todos os presentes.



Se desexas participar non tes máis que cubrir o formulario inscrición de empaparte da arte de contar contos

martes, 9 de junio de 2015

APROVEITANDO O VERÁN

Están a piques de chegar as vacacións de verán e con elas unha longa temporada na que os nen@s dispoñen de moito tempo libre. É importante organizarse para que este período sexa o menos caótico posible. Debemos, polo tanto, ter en conta: con quen deixamos os nen@s? Que obrigas terán os nos@s fill@s? Que actividades faremos tod@s xunt@s?

ONDE QUEDAN OS NEN@S?
 




Para moitos pais e nais esta é unha pregunta fundamental nestas datas, dado que, non poden desfrutar do mesmo período vacacional que os seus fill@s. Na actualidade temos varias opcións.

v FAMILIARES: Moitos nen@s teñen a gran sorte de poder quedar ao coidado dos seus avós, tí@s, irmáns maiores, etc. Esta opción é positiva tanto para unha parte como para a outra, xa que, especialmente os avós recárganse de enerxía. Tamén hai que ter en conta que isto non é axeitado se os avós non están nas condicións físicas adecuadas, ou se os nen@s acaban de ter un irmanciñ@ por temor aos celos.
v    LUDOTECAS E/OU CAMPAMENTOS: Cada vez é máis ampla a variedade de actividades lúdico-educativas no verán. Podemos atopar campamentos de idiomas, deportivos, artísticos, científicos, ecolóxicos, etc. O certo é que estas actividades permiten conciliar o horario laboral dos pais/nais coas vacacións dos nen@s pola súa flexibilidade horaria (incluso hai campamentos con opción a pernoctar).

OBRIGAS DOS NEN@S
 




As vacacións son para descansar, pero non debemos esquecer que os nen@s deben seguir unha rutina “suave”. Con isto referímonos a que debemos manter, ao igual que o resto do ano, uns horarios definidos. Nesta rutina debemos incluír tanto tarefas domésticas (facer a cama, poñer a mesa, etc) como tarefas escolares. Para estas últimas, un bo recurso son os cadernos de repaso.
Tanto unhas como outras, poden parecer aburridas, porén, se lle sacamos partido, son unha estupenda alternativa para compartir tempo en familia.

Non debemos esquecer tampouco unha organización en canto aos tempos de televisión, internet, videoxogos, uso do móbil...


ACTIVIDADES EN FAMILIA

 

·       O verán é unha época  estupenda para que os nen@s lean o que máis lles gusta, por iso, é fundamental reservar un tempo tranquilo do día para dedicarlle á lectura.
·       Debemos motivar aos nosos fill@s a interese pola cultura e arte; e así mesmo, pola natureza. Para isto temos á nosa disposición museos, teatros, cines, zoolóxicos, parques, etc.
·       Grazas ao bo tempo podemos promover actividades físico-deportivas ao aire libre tod@s xuntos.
·       Outra forma excelente de desconectar do día a día e pasar tempo de calidade en familia é viaxar.